InicioSociedadeVigo rexeita a un 'tiktoker' coñecido polo seu discurso "machista, fascista e...

Vigo rexeita a un ‘tiktoker’ coñecido polo seu discurso “machista, fascista e homófobo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo trasladou este luns o seu rexeitamento ante a presenza dun coñecido ‘tiktoker’, El Dandy de Barcelona, nun evento organizado por un local de lecer da cidade, que terá lugar este venres.

Así, tras saberse que unha discoteca anuncia a presenza deste catalán, “coñecido polos seus discursos e actitudes abertamente machistas, misóginas, puteras, franquistas, racistas e homófobas“, a tenente de Alcalde, Carmela Silva expresou a oposición do goberno vigués.

“Consideramos que Vigo ten que ser un lugar libre de violencias contra as persoas e por iso facemos un chamamento a ese local de lecer situado en Vigo para que non se produza esta actuación que atenta contra os dereitos das persoas”, proclamou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...