InicioEconomíaTraballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Denunciaron que as traballadoras teñen que sufrir "salarios irrisorios, cocientes de persoal que implican unha sobrecarga descomunal para poder cumprir o servizo, dispoñibilidade durante todos os días e horas do ano, dificultades na conciliación familiar, carga emocional e tensión como medio de vida, ou escaseza de medios".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo sindicato CUT, fronte á delegación territorial da Xunta en Vigo, para reclamar un convenio galego que acabe coa precariedade no sector. Así, denunciaron que as traballadoras teñen que sufrir “salarios irrisorios, cocientes de persoal que implican unha sobrecarga descomunal para poder cumprir o servizo, dispoñibilidade durante todos os días e horas do ano, dificultades na conciliación familiar, carga emocional e tensión como medio de vida, ou escaseza de medios”.

O colectivo destacou a importancia da súa función social, porque os menores vulnerables necesitan unha atención adecuada con rescursos suficientes, “que non pode depender de orzamentos axustados sempre á baixa”. “Desempeñamos un papel fundamental na protección e benestar dos menores, dedicando o noso tempo e esforzo nunha vocación genuína por brindarlles un futuro mellor”, reivindicaron, e insistiron en que os menores “teñen dereito a recibir unha atención socioeducativa digna, de calidade e por profesionais formados”.

Con todo, denunciaron, estas traballadoras sofren condicións precarias e unha falta de recoñecemento ao seu labor, que non está en sintonía coa importancia do seu desempeño, algo do que responsabilizan ás institucións públicas e ás patronais do sector. Por outra banda, criticou que o V Convenio Estatal do sector non recolle as súas necesidades, e mesmo as empeora, ao establecer “persoas traballadoras de primeira e de segunda”, polo que pediron á Xunta e á patronal que apliquen a mesma subida económica a todas, eliminando a discriminación que supón o artigo 65 do Convenio. Igualmente, defenderon a necesidade dun convenio galego para que as condicións das traballadoras sexan acordes ás súas particulares necesidades, e que teña a súa correspondencia cos orzamentos da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...