InicioMedio Ambiente e PatrimonioConcello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O convenio ten un importe de 50.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron este xoves un convenio para traballar conxuntamente na candidatura das Illas Cíes a Xeoparque Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). Tal como explicou o rexedor, trátase dunha “alianza” para que o centro académico realice os estudos técnicos necesarios que acrediten os valores singulares de Cíes como xeoparque para conseguir que sexan distinguidas.

Tras a firma do convenio, que ten un importe de 50.000 euros, Reigosa puxo en valor o “compromiso claro” da UVigo coa candidatura de Cíes. “Temos grandes especialistas na materia. Vaise facer un estudo e documentar a defensa da candidatura e creo que imos ter éxito”, subliñou, segundo recolle o goberno local. Así, Concello e universidade traballarán de forma coordinada en diversas áreas da candidatura, impulsando alianzas co sector turístico e coa comunidade para transformar o patrimonio natural en oportunidades sociais, experiencias turísticas de calidade e aprendizaxe continua para residentes e visitantes.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...