InicioSucesosEvacuadas ao hospital catro persoas tras un accidente en Bembrive

Evacuadas ao hospital catro persoas tras un accidente en Bembrive

Aconteceu no quilómetro 3 da A-55.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas tiveron que ser evacuadas ao hospital de referencia este sábado tras sufrir un accidente en Vigo, concretamente no quilómetro 3 da A-55, ao seu paso por Bembrive. Segundo informa o 112 Galicia, ás 23.40 horas recibiu varias chamadas de persoas que informaban dun accidente no que podería haber feridos que necesitarían asistencia médica.

Así, a sala de operacións informou o Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil. Finalmente, confirmouse que no accidente estiveron involucrados tres vehículos e que catro persoas tiveron que ser trasladadas por persoal médico ao hospital de referencia.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...