InicioMedio Ambiente e PatrimonioO mosaico romano de Panxón quedará exposto na biblioteca municipal de Nigrán

O mosaico romano de Panxón quedará exposto na biblioteca municipal de Nigrán

Tras unha poxa no ano 2000, perdeuse a pista desta peza arqueolóxica ata que apareceu nun anticuario de Nova York en 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mosaico romano de Panxón quedará exposto de forma definitiva na biblioteca municipal de Nigrán situada na céntrica Praza de Fornes. Esta peza arqueolóxica volveu en xaneiro a Nigrán tras 25 anos de exilio. Tras unha exposición temporal no salón de plenos municipal, agora terá nova ubación permanente na biblioteca. Para a súa exhibición foi contratado un servizo extra de seguridade.

Despois dunha poxa no ano 2000, a esta peza arqueolóxica perdéuselle a pista ata foi atopada á venda nun anticuario de Nova York en 2018. En 2019 constituíuse unha asociación para repatriala. Así, en xaneiro de 2022 a obra embarcou desde a galería Carlton Hobbs de Nova York cara a Londres, lugar no que estivo máis dun ano paralizada debido á burocracia polo Brexit. Finalmente, chegou a Madrid o pasado 28 de novembro de 2024 antes de ser devolta e iniciar o seu retorno ao municipio pontevedrés.

OBRA DUNHA VILA ROMANA

Este mosaico foi documentado en detalle nos anos 70 do pasado século polo prestixioso arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo, quen explicou a súa relevancia nunha zona na que existía unha importante vila no Baixo Imperio Romano, onde tamén apareceron ánforas, moedas e unha ara a Mercurio. Grazas a manuscritos do século XIX entregados por Xosé María Álvarez Blázquez, sábese que a peza apareceu “no sitio chamado o Castro” de Panxón. Pertenceu primeiramente a Umbelina González Lavandeira, viúva do señor De Puga, quen tiña a súa casa na parroquia de San Xoán de Panxón.

Nun principio, o fragmento do mosaico atopado era máis grande, pero foi rompéndose pola súa mala conservación. Os donos optaron por usalo para facer unha mesa para evitar a súa total desaparición. A obra, dun metro cadrado e 20 centímetros de espesor, representa mediante coloridas teselas de mármore a fauna mariña, entre o que destaca un “colosal” peixe de 67 centímetros. Cara finais do século XIX, a mesa co mosaico pasa a formar parte da colección Blanco-Cicerón (mediante compra), onde se conserva durante todo o século XX. No ano 2000, aparece para ser poxado na Galería Castellana de Madrid. E así desapareceu ata o ano 2018, cando se atopa no catálogo da casa Carlton Hobbs.

ÚLTIMAS

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...