InicioPolíticaA Xunta confirma a Caballero que financiará o 38 % do túnel...

A Xunta confirma a Caballero que financiará o 38 % do túnel de Elduayen e urxe asinar o convenio do partking da ETEA

Allegue lembra que o Goberno galego xa autorizou a rúbrica do documento en maio e espera polo Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, confirmou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que a Xunta financiará o 38 % do túnel de Elduayen con máis de 17,8 millóns de euros. Así o sinalou Allegue nunha carta remitida ao rexedor, despois de que Caballero lamentase que aínda non recibira confirmación oficial sobre este cofinanciamento, a pesar de que xa fora anunciada pola conselleira ante os medios de comunicación.

Na misiva, á que tivo acceso Europa Press, Allegue lembra que fai xa máis de cinco anos que o tráfico foi cortado na Porta do Sol de Vigo, estando a circulación nunha “situación provisional” ao non finalizarse a obra do túnel como se previu nun inicio. Por iso, sinalou a importancia de acurtar os prazos o máximo posible para restituír o tráfico na zona. Respecto diso, lembrou que Patrimonio Cultural xa informou favorablemente sobre o proxecto, tras a documentación remitida polo Concello o 9 de xullo.

“Isto permite que o Concello avance coa redacción do proxecto de execución definitivo, para así poder axilizar a materialización dunha actuación que é clave para a mobilidade na cidade, especialmente do transporte público urbano“, engade a conselleira. Entre outros temas, despois de propor unha reunión en setembro entre os técnicos da Xunta e do Concello, Allegue pediu a Caballero que poña data para a firma do convenio entre as dúas administracións e Zona Franca para a urbanización e o aparcadoiro subterráneo da ETEA. “O Consello da Xunta de Galicia autorizou a súa firma o pasado 19 de maio e desde entón estase esperando só pola súa formalización”, sentenza Allegue.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...