InicioPolíticaO PP pide dar marcha atrás á exclusión de Vigo como unha...

O PP pide dar marcha atrás á exclusión de Vigo como unha das sedes do exame MIR

"Parece que o Goberno de España esquécese de que Vigo é a cidade galega máis poboada", reprocha a deputada do PP Irene Garrido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Popular no Congreso rexistrou unha proposición non de lei (PNL) para instar o Ministerio de Sanidade a dar marcha atrás coa exclusión a Vigo como sede dos exames MIR a partir da próxima convocatoria.

A deputada do PP Irene Garrido explica que a iniciativa se debaterá na Comisión de Sanidade da Cámara Baixa co fin de reverter a “inadmisible” decisión tomada polo Goberno e que Vigo siga sendo unha das máis de 20 cidades españois que albergan estas probas.

A mencionada exclusión, que se fai extensiva a outro cinco urbes españolas, causará un “gran prexuízo” a Vigo, onde este ano se examinaron 549 persoas, practicamente un terzo do total en Galicia. “Parece que o Goberno de España esquécese de que Vigo é a cidade galega máis poboada”, reprocha Garrido.

A deputada viguesa remarca que o PP non pensa “consentir” que o Ministerio de Sanidade obrigue a máis de medio milleiro de aspirantes a incorrer no “custo” e as “molestias” que levarán desprazarse ata Santiago de Compostela, que pasará a ser a única localidade galega que acollerá as probas.

“Vigo está cansada deste tipo de agravios. Veremos de que lado ponse o goberno de coalición. Veremos que fai o PSOE ante esta nova afronta á nosa cidade”, advirte a popular.

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo salva a vida dun home que se atragantaba nun restaurante de Nigrán

Un axente da Garda Civil fóra de servizo salvou a vida a un home...

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...