InicioSociedadeSOS Sanidade Pública critica que coa pertura do novo centro de Olimpia...

SOS Sanidade Pública critica que coa pertura do novo centro de Olimpia Valencia só se “cambiará de sitio” ao persoal actual

PUBLICADO O

- Advertisement -

SOS Sanidade Pública lamentou este martes a “oportunidade perdida” que, ao seu xuízo, supón a apertura do novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo xa que, “non suporá incrementar profesionais, senón cambialos de sitio”. Nun comunicado, a asociación criticou que o novo ambulatorio significará o traslado do centro de saúde de López Mora (xa planificado polas condicións de espazo), o peche do centro de saúde Nicolás Peña e o traslado de parte de profesionais dos de Pintor Colmeiro, Coia, Cuba, Bairamar e Rosalía de Castro.

En concreto, entre os profesionais que se trasladarán ao novo centro estarán os de Pediatría, para “concentrar” a atención pediátrica nun só centro, “nun ensaio dun novo modelo organizativo que permite exclusivamente garantir a cobertura de ausencias entre profesionais do propio centro”. Isto, a xuízo de SOS Sanidade Pública, o que garante é a “precariedade asistencial continua” destes profesionais.

A organización tamén criticou que non se tivo en conta a participación de profesionais e cidadáns afectados á hora de planificar a apertura do Olimpia Valencia, “sen solicitar a opinión de sociedades científicas e profesionais, asociacións veciñais e outras entidades representativas“. Por todo iso, SOS Sanidade Pública volveu reclamar a ampliación do hospital Álvaro Cunqueiro, a reordenación asistencial da área urbana de Vigo e un plan de mellora da Atención Primaria que permita a súa “reconstrución”.

“MELLORA SUBSTANCIAL”

Ante estas declaracións, a xerencia da área Sanitaria de Vigo saíu ao paso, reivindicado que o novo centro de saúde Olimpia Valencia suporá unha “mellora substancial” na atención primaria da cidade, cunha asistencia “máis ampla, próxima e resolutiva”. Nun comunicado, a xerencia rexeitou as palabras da plataforma SOS Sanidade Pública, subliñando que tras un investimento autonómico de 16 millóns de euros, o novo ambulatorio, situado na rúa Lalín, reforzará a calidade da atención primaria, “con máis servizos sanitarios, mellores instalacións e un equipamento completamente renovado”.

“A reorganización de servizos aparellada á apertura deste novo centro responde o obxectivo lóxico de ofrecer unha mellor atención sanitaria á poboación de Vigo, a través dunhas novas instalacións e unha dotación de equipamento mellor e máis moderno”, indicou a área sanitaria. Isto permitirá, segundo explican, completar a carteira de servizos e dotar de novas prestacións como Fisioterapia, Odontoloxía, Farmacia, Traballo Social, Nutrición ou Matrona, “mellorando a calidade e a atención aos pacientes ao concentrar todos estes servizos nun único centro”.

En relación á reorganización da atención pediátrica, trátase, a xuízo da Xunta, dunha reorganización “funcional” para mellorar a calidade asistencial e garantir a continuidade dos coidados. “En ningún caso, por tanto, trátase dunha diminución de servizos nin da atención, senón dun sistema máis eficaz e beneficioso para a poboación, ao evitar desprazamentos entre consultas e mellorar o seguimento do paciente”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...