InicioPolíticaO BNG acusa a PSOE e PP de buscar a "morte por...

O BNG acusa a PSOE e PP de buscar a “morte por inanición” da Mancomunidade de Vigo

Así o trasladou nun comunicado o portavoz do grupo municipal nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, que constatou que a Mancomunidade, que custa 116.000 euros ao ano, converteuse nunha "casca baleira", debido á "falta de iniciativa" do PSOE e ao "boicot irresponsable" do PP

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG denunciou este mércores que PSOE e PP buscan “a morte por inanición” da Mancomunidade de Municidios da área de Vigo, e esixiu a súa reactivación para que sexa un “instrumento útil que vertebre a realidade metropolitana e mellore os servizos” dos 375.000 veciños que a integran.

Así o trasladou nun comunicado o portavoz do grupo municipal nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, que constatou que a Mancomunidade, que custa 116.000 euros ao ano, converteuse nunha “casca baleira”, debido á “falta de iniciativa” do PSOE e ao “boicot irresponsable” do PP.

Pérez Igrexas apuntou que o ano pasado este órgano supramunicipal tivo un gasto total de apenas 600.000 euros, o que supón un retorno para os veciños de pouco máis de 1,60 euros per cápita. “Un café con leite ao ano. Isto é o que lle ofrece en servizos a Mancomunidade á veciños da área metropolitana máis importante de Galicia”, lamentou.

Tras incidir en que o ente se atopa en estado de “coma profundo” e que a falta de actividade fai crecer uns remanentes (ata case os 2 millóns de euros) que corren risco de perderse, o concelleiro do BNG lembrou que a Mancomunidade non desenvolveu nos seus 33 anos de vida “ningún servizo mancomunado relevante, salvo un limitado programa de asesoramento a emprendedores”.

Por iso, esixiu a súa reactivación, para que Vigo, lonxe de apostar polo “hiperlocalismo limitante”, lidere a realidade metropolitana “desde o diálogo e a cooperación” con outros concellos. “Isto pasa por facer da Mancomunidade un instrumento útil, con actividade e servizos”, proclamou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...