InicioSociedadeAcepta 6 meses de prisión por falsificar un documento nun proceso de...

Acepta 6 meses de prisión por falsificar un documento nun proceso de custodia

A Fiscalía rebaixou a petición inicial dun ano e medio a medio ano tras un acordo na Audiencia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado dun delito de falsidade en documento privado aceptou 6 meses de prisión tras recoñecer os feitos, nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Inicialmente, a Fiscalía pedía un ano e medio de cárcere, pero houbo un acordo e, tras o recoñecemento dos feitos, o procesado aceptou a pena de 6 meses de prisión. Dita pena queda suspendida por un período de 2 anos, a condición de que o home non delinca nese tempo.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, o procesado presentou en outubro de 2023 unha demanda de modificación de medidas, solicitando un réxime de garda e custodia compartida da súa filla, alegando múltiples circunstancias a favor desa custodia compartida.

Así, referíase a a idade da menor, a vontade da mesma e un horario compatible cunha maior dedicación á filla común que tiña coa parte demandanda. Entre os documentos que achegou o acusado, había un xustificante dunha academia de formación de Cartaxena que acreditaba que o home impartía cursos de informática como traballador fixo descontinuo. O acusado “nunca chegou a impartir tales cursos, estando só anotado na bolsa de traballo” do centro, pero falsificou o xustificante da devandita academia.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...