InicioVigo e contornaVigoMáis de 20 vehículos de arrendamento con condutor quedan sen licenza en...

Máis de 20 vehículos de arrendamento con condutor quedan sen licenza en Vigo

O Concello desestimou as solicitudes porque carecen de “título habilitante” e non está regulado nas ordenanzas munipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo acaba de desestimar as solicitudes de licenzas urbanas para vehículos de arrendamento con condutor (VTC) para a circulación de 24 automóbiles, por carecer de “título habilitante”. Segundo informaron fontes municipais, os titulares recibiron notificación na que se lles informa de que non poden prestar servizo urbano e que, en caso de facelo, enfróntanse a sancións de entre 2.001 e 6.000 euros, por unha infracción tipificada como moi grave.

Ademais, advírteselles de que se poderían inmobilizar os vehículos como medida cautelar. Estes avisos trasladáronse aos interesados, e os partes de servizo da Policía Local relativos a estas actuacións remitíronse á Xunta de Galicia “para que adopte as medidas que considere oportunas”.

Segundo o informe do servizo municipal de Transportes, a normativa vixente establece que esas autorizacións cínguense exclusivamente a transportes interurbanos, e para facer traslados urbanos deberían contar coa preceptiva autorización habilitante emitida polo Concello, “para o que tería que estar regulado o seu outorgamento na correspondente ordenanza municipal”.

Tendo en conta que o Concello olívico “non regulou en ningunha ordenanza municipal” a situación xurídica das VTC,en de  e, por tanto, ao non ter devanditos permisos, denegáronse as solicitudes.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...