InicioSucesosO condenado pola agresión sexual en Vialia xa estivera en prisión por...

O condenado pola agresión sexual en Vialia xa estivera en prisión por violar e matar un bebé en 1999

PUBLICADO O

- Advertisement -

Francisco Javier Campos Triñanes, un home de 58 anos cun pasado criminal marcado polo asasinato dun bebé en 1999, volve a entrar en prisión. A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decretou o seu ingreso en prisión provisional sen fianza, tras ser acusado dunha nova agresión sexual, desta vez a un menor de 17 anos nos baños do centro comercial Vialia.

O nome de Campos Triñanes xa era coñecido en Galicia polo asesinato e violación dun bebé de dous anos e medio, fillo da súa pareja na época. O suceso ocorreu o 25 de setembro de 1999 na vivenda da rúa Torrecedeira, en Vigo, mentres a nai asistía a unha voda. Segundo a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra no ano 2003, o home aproveitara a súa situación de garda para abusar sexualmente do menor, causándolle graves lesións internas.

O fallo determinou que Campos exerceu unha “fortísima presión” sobre o abdome do neno e lle tapou as vías respiratorias, provocándolle unha parada cardiorrespiratoria. Aínda que inicialmente fora condenado a 19 anos, o Tribunal Supremo elevou a pena a 25 anos por asasinato, tras considerar probado o seu carácter sexual e a extrema violencia do acto.

LIBERDADE E NOVO DELITO

A súa pena de prisión finalizou o 18 de setembro de 2023, pero xa disfrutara de permisos penitenciarios desde 2017. Agora, apenas nove meses despois da súa saída definitiva outro delito por agresión sexual o devolverá á cadea.

O SUCESO NO VIALIA

Segundo a denuncia, o pasado xoves, un adolescente que visitaba Vigo con amigos foi abordado nos baños do centro comercial por un home que pechou o pestillo e lle dixo: “Vouche dar o que a ti che gusta. A min gústanme así, máis pequeniños”. O mozo, en estado de shock, logrou comunicar o ocorrido á súa familia e á seguridade do recinto, quen localizaron a Campos na praza.

Policía Nacional detivo o sospeitoso, e a investigación quedou en mans da Unidade de Familia e Muller (UFAM). A fiscalía valorará agora as probas para determinar se se lle imputan novos cargos.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...