InicioCulturaVigo acolle o VII VigoSaxForum cunha semana de concertos e actividades arredor...

Vigo acolle o VII VigoSaxForum cunha semana de concertos e actividades arredor do saxofón

O encontro arrinca este domingo con actuacións abertas ao público en Valladares

PUBLICADO O

- Advertisement -

O barrio vigués de Valladares converterase desde este domingo 29 de xuño e ata o 6 de xullo no epicentro do saxofón en Galicia coa celebración da sétima edición do VigoSaxForum, un evento que mestura formación e exhibición artística cun amplo abano de actividades, desde concertos ata masterclass, talleres e conferencias.

Organizado pola Unión Musical de Valladares, o encontro está pensado como un complemento ao labor pedagóxico que se realiza nos conservatorios superiores, profesionais e escolas de música de todo o país, ofrecendo ao tempo unha programación cultural aberta ao público e centrada no saxofón e as súas posibilidades expresivas.

CONCERTOS ABERTOS AO PÚBLICO

A actividade escénica do VigoSaxForum celebrarase maioritariamente no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, e comezará o domingo ás 20.00 horas cun recital do Trío Poulenc, composto por saxofón, fagot e piano. A proposta mestura repertorio clásico e contemporáneo.

O martes 1 de xullo, ás 19:30, será a quenda do Lítore Quartet, mentres que o mércores, tamén no mesmo auditorio, compartirán escenario a partir das 20:00 o saxofonista Anxo Soria, o dúo Saxobieta e de novo o Lítore Quartet.

O venres 4, ás 19:30, subirá ao escenario o recoñecido intérprete francés Nicolas Arsenijevic, profesor no Conservatorio de Versalles e xa habitual noutras edicións do foro. Ese día tamén actuará o pianista galego Brais González.

A penúltima xornada, o sábado 5 de xullo, contará co Ensemble Misxtura e o trombonista Roberto Pacheco, tamén ás 19:30. A clausura do festival terá lugar o domingo 6 de xullo, cun concerto colectivo protagonizado por todo o alumnado participante, a partir das 19:30.

ESPAZO PARA A FORMACIÓN

Ademais das actuacións, o VigoSaxForum ofrece unha oportunidade única para estudantes e músicos en formación grazas ás masterclass e talleres específicos de improvisación, ademais de conferencias sobre técnica e interpretación, con profesionais de prestixio internacional.

Con esta nova edición, o foro vigués consolídase como un dos eventos de referencia en Galicia dentro do ámbito do saxofón clásico e contemporáneo, con proxección tanto local como internacional.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...