InicioCulturaO Marisquiño acusa a Xunta de negarlle axudas por "causas exclusivamente de...

O Marisquiño acusa a Xunta de negarlle axudas por “causas exclusivamente de política local”

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Decepción enorme”. Así expresa a dirección do festival O Marisquiño o seu malestar pola decisión da Xunta de Galicia de “non achegar un financiamento extraordinario ao festival” con motivo do próximo Xacobeo 2021.

Os organizadores din que non esperaban esta resposta do Goberno galego, após as súas “reiteradas promesas” de colaborar “dunha forma máis comprometida” co festival de cara á promoción do Xacobeo. Por iso, din sertirse “enganados”.

No Marisquiño falan de “desinterese” da Xunta por investir no que cualifican como o maior evento de Cultura Urbana e Deportes de Acción do sur de Europa. E consideran que actitude do Goberno débese a “causas exclusivamente de política local”.

O festival recorda que mantivo conversas “con Presidencia cando Alberto Núñez Feijóo visitou o festival hai dous anos, con Vicepresidencia cando Alfonso Rueda se reuniu coa dirección do evento o ano pasado en Pontevedra e por último, coa nova Consellería de Cultura e Turismo, dirixida por Román Rodríguez, que recibía o festival en Compostela hai dúas semanas”, que finalmente “non tiveron resultado”.

A Xunta asegura que O Marisquiño solicitou “unha achega extraordinaria de 150.000 euros” a maiores da que xa recibe por parte da Consellería de Cultura e que se lles ofreceu “seguir achegando a mesma cifra que en anos anteriores, deixando aberta a posibilidade dun pequeno incremento”. Ao que a organización do festival lle tería contestado coa súa “renuncia” ás axudas, segundo a versión do Goberno.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...