InicioPolíticaO Álvaro Cunqueiro foi "unha oportunidade perdida" segundo o PSdeG e o...

O Álvaro Cunqueiro foi “unha oportunidade perdida” segundo o PSdeG e o PPdeG di que é “un referente”

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou que a Comisión de investigación aberta no Parlamento "pechouse sen resultados" porque o PP "non quixo que houbese luz sobre este asunto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo é “unha oportunidade perdida para o público“, no día en que se cumpren 10 anos da súa posta marcha, mentres que o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, celebrou que o centro hospitalario sexa “referencia nacional e internacional”.

En declaracións aos medios, o líder do PSOE galego apuntou que se cumpren “10 anos dunha oportunidade perdida” e da posibilidade de “un gran hospital que quedou mermado”, ademais de “cuns sobrecustos que aínda hoxe é incapaz de explicar o PP”.

Nesta liña, lamentou que a Comisión de investigación aberta no Parlamento “pechouse sen resultados” porque o PP “non quixo que houbese luz sobre este asunto”. “O que queda aí é un hospital con menos camas, menos capacidade pública e uns sobrecustos salvaxes e absolutamente inasumibles”, reprochou.

Tamén criticou que “aínda” se siga “pagando a factura dese pequeno hospital de Vigo” e, este venres, dixo, “había que celebrar o 10º aniversario do gran hospital que se deseñou na época socialista” e que “se deseñou pensando nunha gran área hospitalaria, pensando en moitos máis servizos, con máis camas, con máis eficiencia e maior resposta pública nesa sanidade que era o gran modelo da sanidade pública”.

En definitiva, unha década que, segundo Besteiro, “lonxe de celebrar” deberíase “lamentar esa operación de privatización dun gran hospital” que pensaban que “debía ter e merecía Vigo e a provincia de Pontevedra”.

Pola súa banda, nunha comparecencia ante os medios este venres, o portavoz parlamentario do PPdeG puxo en valor os 10 anos do centro hospitalario vigués, como “o gran hospital público de Vigo” e cunha obra que, engadiu, énchelle ” de satisfacción” ao “ver cumprido o obxectivo de dotar a esta área sanitaria dun hospital público que hoxe xa é referencia a nivel nacional e internacional”.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...