InicioSucesosDetido en Vigo un home por unha presunta agresión sexual a un...

Detido en Vigo un home por unha presunta agresión sexual a un menor nos baños do Centro Comercial Vialia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido na tarde deste pasado xoves en vigo por supostamente agredir sexualmente a un menor nos baños do Centro Comercial Vilia. Segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o home foi detido e a vítima trátase dun menor de idade.

Con todo, o caso continúa “aberto”, polo que aínda non se poden achegar moitos máis datos para “non interferir na investigación”. Blanco mostrou a súa “solidariedade” coa vítima e coa súa familia e agradeceu a “rápida” actuación dos corpos e forzas de seguridade do estado á hora de arrestar ao suposto agresor.

Ademais, animou á sociedade a que “loite” contra esta “secuela” que é “insoportable” e reivindicou a importancia de seguir traballando para acabar con este tipo de delitos.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...