InicioSociedadeMurais para todos os barrios de Vigo

Murais para todos os barrios de Vigo

A iniciativa artística estenderase por zonas como Samil, Teis, Guixar, Calvario ou Cabral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI Programa de murais ‘Vigo, cidade de cor’, ao que destinará 450.000 euros para a elaboración de 11 murais en varias zonas da urbe olívica.

Segundo indicou o alcalde, Abel Caballero, cando termine esta nova edición, Vigo terá máis de 190 murais. Este ano, serán artistas de Arxentina, México, Polonia, Grecia e España, singularmente Galicia, os encargados de elaborar as obras.

En concreto, as novas obras recollidas nesta iniciativa estarán situadas na rúa Rola, 116, na zona de Casabranca; en Rosario Hernández Diéguez, 6 (Fátima); en Santa Tegra, 71 (zona de Guixar); nas pistas de baloncesto de Samil; en Palencia, 12 (Calvario); en Sanjurjo Badía, 184; na pista de baloncesto do parque Ricardo Aldao Román na Salgueira; na Asociación de Veciños de Cabral; en Montecelo Alto, 62 (Teis); en Travesía de Vigo, 138, e na rúa O Grove.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...