InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para...

O Álvaro Cunqueiro, primeiro hospital de España en administrar terapia xénica para tratar a hemofilia B

A hemofilia B é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou déficit do factor IX. Aínda que afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións que a causan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi o primeiro de España en aplicar, este mércores, a terapia xénica para o tratamento da hemofilia B a un paciente, que se converteu no primeiro do país en recibir esta terapia nun hospital público. A aplicación deste medicamento estivo dirixida polo Servizo de Hematoloxía e Hematoterapia da área sanitaria de Vigo, coa doutora Carmen Albo á fronte e o equipo médico ofrecerá unha rolda de prensa nas próximas horas para informar con detalle deste fito.

Para este tratamento, a Xunta está a investir 15,6 millóns de euros, e é a única terapia eficaz ata o momento para a curación da enfermidade. Trátase do Etranacogen Dezaparvovec, un medicamento destinado á abordaxe do trastorno de coagulación sanguínea hereditaria (hemofilia B ou HB) con terapia xénica. A hemofilia B é unha enfermidade rara ou pouco frecuente, cunha incidencia de 5/100.000 homes, de transmisión xenética, ligada ao cromosoma X e causada pola carencia ou déficit do factor IX. Aínda que afecta principalmente os homes, tamén se pode observar en mulleres portadoras de mutacións que a causan.

Con todo, a aplicación deste tratamento está restrinxida a casos graves ou moi graves de HB, en pacientes adultos sen antecedentes de inhibidores do factor IX, con tratamento profiláctico estable con factor IX recombinante de vida estendida durante, polo menos, dous anos e que presenten niveis de anticorpos neutralizantes anticápside contra AA V5 = 1:678. O número de pacientes en Galicia con diagnóstico de hemofilia B é de 51, 37 homes e 14 mulleres. A previsión do Sergas é que poidan beneficiarse desta terapia 8 pacientes, que son susceptibles de indicación de terapia xénica, sempre que cumpran co resto de criterios clínicos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...