InicioSociedadeAbel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que...

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

"Rueda defende o privilexio decimonónico da USC", critica o alcalde de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina propia para a Universidade de Vigo e para a cidade olívica, e afeou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que acepte o “centralismo” de Santiago tamén nesta cuestión. En declaracións remitidas aos medios, e tras repetir que Vigo é a única das grandes cidades do Estado que non conta con este grao, advertiu que o modelo dunha facultade única nunha comunidade con tres universidades “non o hai en ningún sitio de España”.

“Aquí Vigo é unha colonia de Santiago, e de novo Rueda acepta o centralismo mal levado adiante de que Santiago é a que manda”, criticou, e censurou que teña que ser a USC a que tome as decisións sobre o grao de Medicina ou sobre quen entra na Facultade, seguindo “a vella estrutura da Galicia mal deseñada”. Segundo o alcalde, o presidente da Xunta, ao aceptar esa situación, “de novo castiga a Vigo” e “defende o privilexio decimonónico para a Universidade de Santiago”. Por iso, insistiu en que o goberno galego ten que iniciar os trámites para implantar o grao na Universidade de Vigo, coa dotación orzamentaria necesaria.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...