InicioVigo e contornaVigoConfirmados os pilotos Dani Torres, Pedro Moreno e Diogo Ribeiro para o...

Confirmados os pilotos Dani Torres, Pedro Moreno e Diogo Ribeiro para o FMX do Marisquiño 2025

O formato da competición será de dous pases por día (sábado e domingo) e cunha duración aproximada de 40 minutos cada un dos pases

PUBLICADO O

- Advertisement -

A 25ª edición do festival O Marisquiño terá como unha das súas principais novidades a volta do Freestyle Motocrós, con algúns pilotos xa confirmados, entre os que están Dani Torres ou Pedro Moreno, segundo avanzou este martes a organización.

Esta disciplina xa estivo presente neste festival urbano vigués hai uns anos, e este verán volverá cun espectáculo innovador, da man da compañía viguesa Dagan Off Road. O formato da competición será de dous pases por día (sábado e domingo) e cunha duración aproximada de 40 minutos cada un dos pases.

O público será o encargado de elixir a mellor rolda de saltos que realizará cada piloto. Ao gañador de cada proba entregaráselle un casco do 25 aniversario do Marisquiño e quen reúna máis cascos durante os días será o gañador final da proba.

A competición celebrarase en dobre sesión pola tarde e durante a posta de sol na praia de Samil, na zona que hai despois da pista de Automodelismo, ocupando unha superficie de ata 250 metros de longo.

Entre os pilotos que xa confirmaron a súa participación atópanse Dani Torres (KTM SX250), Pedro Moreno (FANTIC XX 250), Diogo Ribeiro (KAWASAKI KX250F ), Raul Lerena ( FANTIC XX250 ) e Javi Jabato (KTM SX 250) e Adolf Silva.

A esta novidade súmanse outras xa presentadas, como a apertura dun segundo escenario musical dedicado á música electrónica, o traslado do basquet 3×3 desde o Porto a Samil, e a presenza dun novo final no percorrido do Descenso Urbano.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...