- Advertisement -
A autoestrada AP-9 volveu a rexistrar colas quilométricas na mañá deste luns ao seu paso por Vigo, á altura dos túneles da Madroa. Desde primeira hora desta mañá, foron decenas os vehículos que sufriron este atasco en dirección ao aeroporto, chegando ata as proximidades da Ponte de Rande tras a avaría dun vehículo.
Precisamente na tarde deste pasado domingo a vía tamén rexistrou un gran atasco na zona de Puxeiros, despois de que un coche sufrise un accidente e queda no medio da estrada obstaculizando o paso.