InicioDeportesBalaídos incrementará o seu aforamento a próxima tempada coa volta do Celta...

Balaídos incrementará o seu aforamento a próxima tempada coa volta do Celta a Europa

O Celta xogará a próxima tempada a Europa League, competición para a que a UEFA ten unha serie de esixencias para os estadios que alberguen os seus partidos, como obrigar a reservar unha parte do aforamento para afeccionados visitantes ou compromisos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estadio municipal de Balaídos incrementará o seu aforamento a próxima tempada 2025/2026 para que o Real Club Celta poida volver competir na Europa League. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, o Celta xogará a próxima tempada a Europa League, competición para a que a UEFA ten unha serie de esixencias para os estadios que alberguen os seus partidos, como obrigar a reservar unha parte do aforamento para afeccionados visitantes ou compromisos.

Por iso, o rexedor avanzou actuacións que permitirán aumentar a capacidade do estadio mentres se desenvolven as obras da bancada de Gol. Así, Río Baixo incrementará uns 600 asentos co incremento de tres filas cara o céspede, mentres que Marcador gañará uns 500. Entre outros, tamén se instalará unha bancada desmontable con outros 500 asentos. En total, mentres duren as obras, Balaídos contará con capacidade para preto de 22.800 espectadores, esperando a que dentro dun ano e medio suban ata os 30.000 tras o fin dos traballos de Gol.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...