InicioSociedadeUn tribunal tomba os pregos da contratación do servizo de axuda no...

Un tribunal tomba os pregos da contratación do servizo de axuda no fogar de Vigo tras recorrer CC.OO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia tombou os pregos da licitación do contrato do servizo de axuda no fogar do Concello de Vigo tras interpor un recurso as sindicado Comisións Obreiras (CC.OO.) ao non axustarse á legalidade vixente. En rolda de prensa, a secretaria xeral de CC.OO. do Hábitat de Galicia, Alejandra Xesto, lamentou a situación vivida na cidade, despois de que o goberno local sacase a licitación o servizo sen desagregar os custos directos e indirectos do mesmo.

Isto, segundo dixo, vulnera a lei de contratación pública do Estado porque permite que as empresas fagan as súas ofertas por baixo do custo real, o que pon en “grave risco” non só a calidade do servizo, senón aos empregados. Por iso, o Tribunal estimou “na súa totalidade” o recurso de CC.OO. e obriga ao Concello a modificar estes pregos.

Desde o sindicado criticaron que se trata dun erro de “libro”, lamentando que un Concello grande como Vigo, con “suficientes medios”, publicase un prego nestas condicións, cando na actualidade poucos municipios cometen estes fallos, apuntan. “Desde hai dous anos é moi difícil atopar pregos que non leven os custos laborais desagregados“, insistiron, indicando que o sindicato leva a cabo outros recursos en distintas localidades galegas, pero na súa maioría debido a que os pregos non recollen os incrementos salariais a corde ao IPC.

Preguntados sobre se houbo resposta do goberno local, dixeron que por agora non, engadindo ademais que a actual concesionaria “non cumpre” as táboas salariais de 2025 e mantén as de 2024. “O Concello sábeo, pedíuselle que iniciase un expediente sancionador e a día de hoxe non tivemos resposta”, subliñaron desde CC.OO.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...