InicioPolíticaTralo cruzamento de acusacións coa Xunta, o Concello de Vigo asumirá finalmente...

Tralo cruzamento de acusacións coa Xunta, o Concello de Vigo asumirá finalmente as obras no tellado do colexio Celso Emilio Ferreiro

"Non imos deixar que o colexio siga nesta lamentable situación", apostilou Abel Caballero, denunciando o "abandono de responsabilidade" do Goberno autonómico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo asumirá finalmente as obras no tellado do colexio Celso Emilio Ferreiro da cidade, segundo anunciou este martes o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación. Todo iso despois das protestas levadas a cabo por pais e nais e docentes do centro a semana pasada, denunciando o “mal estado” do teito, producíndose desprendementos. Ante estas, o Concello e a Xunta de Galicia iniciaron un cruzamento de acusacións sobre quen era o responsable de acometer os traballos de mellora. Agora, o rexedor indicou que finalmente será o goberno local o que inicie a obra, polo que contratou unha empresa de enxeñaría para que estude a situación da cuberta do colexio e informe de se é necesario actuar de forma urxente ou pode esperarse ao verán.

“Non imos deixar que o colexio siga nesta lamentable situación”, apostilou Caballero. Tamén dixo que se encargou a instalación dunha rede de seguridade para evitar desprendementos. O alcalde aproveitou para acusar á Xunta de “abandono de responsabilidade” e para condenar a súa “inacción”, polo que o Concello asumirá a obra. A semana pasada, o Goberno autonómico subliñou que os técnicos sentenciaron que o tellado chegou a esa situación por culpa da “falta de mantemento”, que é competencia do Concello, debido á escaseza de limpeza da vexetación, que fixo que se levantasen as tellas.

AVENIDA DE MADRID

Noutra orde de cousas, Caballero dixo que a partir deste xoves procederase a retirar a iluminación da Avenida de Madrid, no marco das obras de humanización que levan a cabo na devandita vía. Isto suporá o inicio de cortes de tráfico, segundo dixo. “Imos facer que a Avenida de Madrid sexa un gran bulevar urbano da cidade de Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...