A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aprobou o proxecto de cámping de caravanas do barrio vigués de Navia, en Vigo, ao considerar que non suporá “efectos adversos” para o medioambiente.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental desta iniciativa, no que se recolle que non se considera necesario sometela a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria xa que “non son previsibles efectos adversos significativos”.
“Este informe de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obrigación do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles”, recolle a Consellería. Ademais, engade que o visto e prace desta avaliación de impacto ambiental simplificada vén condicionada ao cumprimento das condicións que se recollen ao longo da resolución e que foron analizadas.