InicioSociedadeO BNG de Vigo urxe a Xunta e Concello que corrixan as...

O BNG de Vigo urxe a Xunta e Concello que corrixan as “graves deficiencias” do colexio Celso Emilio Ferreiro

"O único que non podemos permitir é que todo siga como está", sentenciou Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu á Xunta e ao Concello que corrixan de forma urxente as “graves deficiencias” das instalacións do colexio Celso Emilio Ferreiro para garantir a seguridade de alumnos e profesores. Nun comunicado, o portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, criticou a “inacción” de ambas as administracións, tachando de “repugnante” que o PSOE desde o goberno local e o PP desde o Executivo autonómico “boten balóns fóra” e se culpabilicen o un ao outro.

“Esiximos á Xunta de Galicia que poña en marcha, de forma inmediata, as obras de reforma necesarias para garantir a plena seguridade no colexio”, afirmou Igrexas, reclamando á súa vez que o Concello acometa os traballos de forma subsidiaria se o Executivo galego se nega. “O único que non podemos permitir é que todo siga como está”, sentenciou.

Para el, é “insustentable” esta situación, debido a que tanto familias como profesorado viven con “medo” por se se produce algún accidente debido ao mal estado do centro. Todo iso despois de que pais e nais do CEP Celso Emilio Ferreiro de Vigo se concentrasen a semana pasada ante as portas do centro para protestar polo “mal estado” do teito: “Ata que caia non o van a arranxar“, lamentaron.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...