InicioPolíticaCaballero agradece o apoio da cidade tras 18 anos como alcalde: "Vigo...

Caballero agradece o apoio da cidade tras 18 anos como alcalde: “Vigo pasou de ser gris a estar chea de actividade”

O 27 de maio de 2007 a súa candidatura logrou 9 concelleiros e, sumados aos 5 do BNG, logrou ser investido e arrebatar o bastón de mando a Corina Porro (PP), cuxos 13 edís non foron suficientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cumpriu ” este martes 18 anos como rexedor, desde o 27 de maio de 2007, no que a súa candidatura logrou 9 concelleiros e, sumados aos 5 do BNG, logrou ser investido e arrebatar o bastón de mando a Corina Porro (PP), cuxos 13 edís non foron suficientes. “A partir de aí, cada catro anos, a cidade volveu renovar a súa confianza en min como alcalde e no equipo de goberno que eu encabezo. E quéroo agradecer infinito”, proclamou Caballero que, desde ese maio de 2007 repetiu con alcalde de Vigo nas sucesivas citas electorais (con maioría absoluta desde 2015).

O rexedor olívico subliñou que o seu equipo puido desenvolver un proxecto de cidade que deu lugar a “un Vigo diferente”. “Un Vigo que pasou de ser un Vigo gris e escuro, a un Vigo cheo de actividade, de vigor, de cor, de actuación, de humanizacións, de zonas deportivas, de espazos, de presenza. E un Vigo recoñecido no mundo“, celebrou. Caballero sinalou que agradece esa confianza dos vigueses “cada día”, porque o seu apoio lle permite levar adiante un proxecto para a cidade “sexa unha cidade en España co nivel de coñecemento de Madrid e de Barcelona no mundo”. Tamén puxo en valor que Vigo sexa unha urbe “con emprego, con industria, con instalacións deportivas, con tantas e tantas cuestións”. “E agora que cumpro 18 anos de alcalde, moitas grazas Vigo. Infinitas grazas”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...