InicioVigo e contornaVigoA Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

Será este vindeiro sábado cun "espectáculo sen precedentes" no barrrio de Navia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla “máis grande da historia de Vigo” para celebrar o seu 25 aniversario cun “espectáculo sen precedentes” no barrio olívico de Navia.

Segundo informou a entidade, o evento será a pé de rúa e de acceso libre ás portas da sede de Alento na rúa Pedra Seixa, iniciándose a partir das 17.00 horas con música e actividades.

“Organizamos uns aniversarios ao grande co obxectivo de abrirnos á cidade, dar a coñecer a asociación e tamén como agradecemento a Vigo polo seu apoio e compromiso coas persoas afectadas por dano celebrar adquirido en todos estes anos”, destacou o director xerente da asociación, Gonzalo Mira.

A celebración arrincará coa saída do grupo de percusión ‘Lenha Verde’, que fará un pasacalles pola zona. Tamén actuará ás 17.00 horas a Coral de Teis. Haberá pallasos e xornada de portas abertas esa tarde, entre outras actividades.

Ás 18.00 horas iniciarase a elaboración da tortilla xigante, cuxa preparación será retransmitida en pantalla xigante e sobre as 19.00 horas o equipo do Ovo da Avoa, empresa coa marca Guiness na elaboración de tortilla máis grande da historia, daralle a volta cun guindastre de seis metros. A partir de entonces, serviranse racións.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...