InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción rexeita máis recheos no litoral de Baiona

Ecoloxistas en Acción rexeita máis recheos no litoral de Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción rexeita o novo recheo no litoral de Baiona e chama a apoiar as mobilizacións contra a ampliación do Porto Deportivo de Baiona. Ante o anuncio do inicio este 19 de maio das obras de ampliación do porto deportivo de Baiona, coa construción dun recheo de 4.200 m2, Ecoloxistas en Acción manifesta o seu rexeitamento a un proxecto gravemente dañino para o medio ambiente.

O proxecto de Nauplia Capital, avalado por Portos de Galiza e Costas do Estado,  prevé ampliar a superficie do porto deportivo nun 77,7% con granito triturado e suporá a construción dun edificio de 900 m2 con restaurante e cafetería, ademais dun parking de 220 prazas. Un recheo contemplado xa en 2003, impulsado en 2015 pola aprobación do Plan Especial do Porto e que 22 anos despois pode materializarse. 

Para Ecoloxistas en Acción trátase dunha obra absolutamente desproporcionada con graves consecuencias medioambientais; cambiará a dinámica das correntes na baía, coa conseguinte perda de area na praia de Santa Marta, xa mermada por recheos previos, e mesmo podería afectar ao areal da Ladeira, protexida pola Rede Natura 2000, comprometendo a súa capacidade de autorrexeneración. 

Sinalan que este recheo, unido aos continuos verquidos no Estuario da Foz, á modernización do Camping de A Ladeira e ao exceso de amarres de iates xerará un importante deterioro da Baía de Baiona. Esta obra de aterramento terá tamén un impacto negativo na biodiversidade mariña, co cambio total nas mareas da contorna, causando un dano irreversible aos ecosistemas mariños así como a pesca e ao marisqueo.

Esta actuación constitúe un paso máis na privatización da costa baionesa, entregada ao impacto especulativo, cun modelo de turismo para ricos que incidirá na suba dos prezos da vivenda, dos máis altos de Galiza tanto en alugueiro como en vivenda de segunda man, e a expulsión da poboación oriunda de Baiona”, declara Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.

Por iso, Ecoloxistas en Acción reclama unha avaliación de impacto ambiental rigurosa e realizada por un organismo independente. Ecoloxistas en Acción esixe unha revisión do Plan Especial do Porto de Baiona e a reversión da concesión realizada por Portos de Galicia á empresa Nauplia Capital, que xa posúe concesións en moitos portos deportivos de todo o Estado. Ademais, a organización ecoloxista apoia a mobilización da cidadania de Baiona contra este recheo e tomará as medidas necesarias para denunciar esta desfeita medioambiental na ría de Baiona.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...