InicioSociedadePiden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente...

Piden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente a un menor de 16 anos en Vigo

Segundo apunta a Fiscalía, empregaba abuso de superioridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 14 de maio, a un home acusado de agredir sexualmente a un menor de 16 anos. Os feitos ocorrerían entre finais de 2022 e xaneiro de 2023 en lugares comúns que ambos frecuentaban e para el Fiscalía solicita 12 anos e medio de prisión por un delito de agresión sexual a menor de 16 anos empregando abuso de superioridade, concorrendo a circunstancia modificativa da responsabilidade criminal de reparación do dano.

Ademais, o Ministerio público solicita para o acusado a pena de liberdade vixiada por tempo de 5 anos e a inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade, sexan ou non retribuída, que leve contacto directo e regular con menores de idade por un tempo de 5 anos superior ao da duración da pena de privación de liberdade imposta en sentenza. Tamén pide a prohibición de aproximarse á vítima ou comunicarse con ela nun radio de 500 metros. Pola súa banda, os proxenitores do menor renunciaron á acción civil ao chegar co acusado a un acordo indemnizatorio por importe de 40.000 euros. Previsiblemente, o xuízo levarase a cabo a porta pechada.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...