InicioSucesosXulgan a parir de luns ao acusado de asasinar ao okupa co...

Xulgan a parir de luns ao acusado de asasinar ao okupa co que vivía en Vigo, para o que piden 20 anos de cárcere

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá a partir do próximo luns, día 12 de maio, e durante toda a semana o xuízo con tribunal de xurado contra o acusado de asasinar ao okupa co que convivía na cidade olívica, para o cal Fiscalía pide ata 20 anos de prisión.

O caso provén do Xulgado de Instrución número 4 da urbe e, segundo o escrito de acusación do Ministerio público, o home é autor dun delito de asasinato con aleivosía, ao acoitelar e matar á vítima. En concreto, os feitos ocorrerían na madrugada do 17 de xullo de 2023, cando o acusado e o falecido volvían camiñando xuntos desde as festas do barrio de Bouzas ata o domicilio que ambos os dous okupaban. Na contorna da praza da Industria, tras unha discusión, continuaron o camiño por separado.

Foi sobre as 03.20 horas cando se reencontraron no exterior do domicilio. Alí, o acusado, utilizando un coitelo de máis de 28 centímetros que collería no interior da vivenda, atacou á vítima, cravándollo ata en catro ocasións nas costas, no tórax, no peito e no brazo.

Fiscalía considera que o acusado “actuou coa intención de acabar coa vida” da vítima, a cal “dado o seu profundo estado de embriaguez e o sorpresivo do ataque, non tivo posibilidade algunha de repeler a agresión“. A vítima, tras o apuñalamento, apenas puido camiñar 200 metros ata a rúa Coruña, onde faleceu “por un shock hipovolémico como consecuencia das feridas de arma branca, sendo a última delas mortal e incompatible coa supervivencia, ao penetrar a cavidade torácica, perforar o saco pericárdico e penetrar no corazón”, recolle Fiscalía, pedindo 20 anos de prisión para o acusado, así como o pago dunha indemnización á nai do falecido de 60.000 euros.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...