InicioVigo e contornaVigoXulgan un home en Vigo por estafar a un amigo cun falso...

Xulgan un home en Vigo por estafar a un amigo cun falso alugueiro

O acusado, con antecedentes por feitos similares, podería enfrontarse a ata catro anos de prisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o vindeiro martes un xuízo contra un home de nacionalidade peruana, acusado de estafar a un amigo ofrecéndolle un piso en alugueiro que nunca chegou a existir. A Fiscalía solicita para o procesado unha pena de ata catro anos de prisión, tendo en conta, ademais, o agravante de reincidencia, xa que xa fora condenado anteriormente polo mesmo tipo de delito.

Segundo o escrito do Ministerio Público, os feitos remontan a maio de 2024, cando o acusado ofreceu a un coñecido a posibilidade de alugar un inmoble en Vigo, supostamente propiedade dun terceiro. O denunciante, confiando na proposta, entregoulle 1.300 euros en concepto de seguro e fianza.

Días máis tarde, o acusado alegou que a operación non podía realizarse porque a muller do amigo non cumpría os requisitos económicos, pero ofreceu outra vivenda, solicitando 250 euros adicionais. Tras recibir esta nova cantidade, deixou de responder ás chamadas, sen chegar a formalizar ningún contrato.

A Fiscalía sostén que o acusado simulou falsamente a existencia dun contrato de alugueiro para apropiarse do diñeiro e que actuou de forma premeditada e co ánimo de lucro, “abusando da confianza depositada por parte da vítima”. O total defraudado ascende a 1.550 euros, segundo o escrito de acusación.

O xuízo desenvolverase ante a sección quinta da Audiencia Provincial, e será dirimido por un Tribunal do Xurado, dado o tipo de delito e o contexto de relación entre os implicados. A sentenza podería coñecerse nas semanas seguintes á vista oral.

ÚLTIMAS

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...