InicioPolíticaFixado para o 5 de maio o pleno para debater a cuestión...

Fixado para o 5 de maio o pleno para debater a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos de Redondela

As contas presentadas, que ascenden a 22,6 millóns de euros, non puideron saír adiante pola negativa do PP e do BNG (os socialistas gobernan en minoría cun concelleiro de AER, o que suma 8 votos, fronte aos 13 que suman PP e BNG).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno extraordinario no que se debaterá a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos municipais de Redondela para 2025 xa ten data: será o 5 de maio. Así o confirmou a alcaldesa redondelana, a socialista Digna Rivas, nun comunicado remitido aos medios, no que insistiu en defender as contas presentadas, que ascenden a 22,6 millóns de euros, e que non puideron saír adiante pola negativa do PP e do BNG (os socialistas gobernan en minoría cun concelleiro de AER, o que suma 8 votos, fronte aos 13 que suman PP e BNG).

O pleno extraordinario celebrarase o 5 maio ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira, e a alcaldesa volveu a repetir que non ten “ningún apego ao cargo” e que só se debe aos cidadáns que decidiron democraticamente que ela sería rexedora. Digna Rivas repetiu que estes orzamentos son “para as persoas”, con partidas que suman case 3 millóns de euros destinados a políticas sociais; con 260.000 euros para orzamentos participativos, ademais de investimentos en saneamento e outras iniciativas. O goberno local lamentou que nacionalistas e ‘populares’ rexeitasen as contas “sen propor alternativas”, e insistiu en que o único obxectivo da oposición é “afogar” ao goberno municipal que, non entanto, “vai seguir traballando con máis forza que nunca”. Finalmente, a alcaldesa repetiu que vai esgotar ” o mandato” e a seguir traballando “por e para Redondela”.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...