InicioEconomíaPersoal da concesionaria de cociña dos hospitais vigueses denuncia deficiencias no servizo

Persoal da concesionaria de cociña dos hospitais vigueses denuncia deficiencias no servizo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal da concesionaria da cociña dos hospitais públicos de Vigo iniciou mobilizacións para denunciar deficiencias no servizo, como os sistemas de lavazo de vaixela obsoletos ou a escaseza de materias primas. Segundo anunciaron os representantes do comité (7 delegados da CIG e 2 de UGT), as protestas continuarán este xoves no hospital Meixoeiro e o martes 15 de abril no Álvaro Cunqueiro.

Nunha rolda de prensa, denunciaron que a situación afecta á calidade do servizo e aos propios pacientes, e trasladaron a súa preocupación por esas deficiencias, que padecen desde que a empresa Eurest fíxose cargo da concesión. Así, referíronse, entre outras cuestións, á falta de persoal e de mantemento das instalacións e da maquinaria.

Segundo denunciaron, a cociña do Meixoeiro “atópase totalmente abandonada, ata o punto de que o lavalouzas “non desinfecta”, a louza “sae sucia” e están obrigados a lavala a man. Tamén criticaron que os quentadores da comida (hai 10 anos que non se elaboran os menús) están sen mantemento e un deles non funciona, o que provoca que as comidas cheguen con atraso.

Igualmente, engadiron, tampouco funciona o sistema de extracción, o que provoca pingueiras por condensación; falta materia prima e “cada vez é de peor calidade, levando a que mesmo teñan que botar man, ás veces, de alimentos reservados para o día seguinte.

Segundo o comité, todas estas deficiencias foron comunicadas á empresa, “pero non fixo nada por solucionalas“, polo que decidiron iniciar as mobilizacións. A primeira delas tivo lugar este martes na entrada principal do Meixoeiro, e a concentración repetirase o xoves, de 12,00 a 13,00 horas. A protesta do martes no Álvaro Cunqueiro será de 11,30 a 13,30 horas.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Cancelan un voo Vigo-Barcelona obrigando a recolocar os 170 pasaxeiros

O voo Vigo-Barcelona operado por Vueling que tiña previsto saír á primeira hora da...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...