InicioSociedadeDeclarada firme unha sentenza que rexeita a demanda de comuneiros de Cabral...

Declarada firme unha sentenza que rexeita a demanda de comuneiros de Cabral de facerse coa titularidade dunha parcela na que hai unha casa

En concreto, o fallo previo foi emitido pola sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra o pasado mes de xullo, tras recorrerse a desestimación da demanda por parte do Xulgado de primeira instancia número 2 de Vigo. A Audiencia considerou que os comuneiros ofreceran "unha realidade alternativa" na súa apelación, sen rebater o seu contido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) inadmitiu o recurso de casación interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral, en Vigo, declarando firme unha sentenza que rexeitada a demanda dos devanditos comuneiros de facerse coa titularidade dunha parcela.

En concreto, o fallo previo foi emitido pola sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra o pasado mes de xullo, tras recorrerse a desestimación da demanda por parte do Xulgado de primeira instancia número 2 de Vigo. A Audiencia considerou que os comuneiros ofreceran “unha realidade alternativa” na súa apelación, sen rebater o seu contido.

O caso, segundo explica nun comunicado a Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, volve cuestionar a validez do plano de 1891 na que a Comunidade e Montes basea “habitualmente” as súas reclamacións, apuntando a sentenza da Audiencia que son “francamente dubidosos, ata o punto en que de ningún xeito acreditan que a leira se atope situada dentro do perímetro do monte comunal“. Ademais, no terreo na actualidade atópase unha vivenda que, segundo a sentenza, está en chan urbanizable, “o que descarta a súa cualificación como monte veciñal”.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...