InicioPolíticaRenfe di que non quitará ningunha parada do AVE entre Vigo e...

Renfe di que non quitará ningunha parada do AVE entre Vigo e Madrid como solicitou Abel Caballero

O presidente de Castela e León critica a Caballero por esta petición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A operadora de transporte Renfe “non se expón” quitar ningunha parada do AVE entre Vigo e Madrid como solicitou o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, nun encontro levado a cabo este pasado mércores co presidente da compañía, Álvaro Fernández Heredia.

Renfe indicou que esta reunión se enmarca nas relacións institucionais “habituais” que mantén a empresa con distintos organismos para mellorar o servizo que presta. Nun comunicado posterior, Renfe aclarou que “non se expón” quitar ningunha parada do percorrido dos trens AVE que unen Galicia con Madrid.

A compañía reivindicou a “mellora” dos servizos de alta velocidade entre a Comunidade e a capital grazas á chegada dos trens Avril que, segundo dixo, reduciron os tempos de viaxe e trouxeron máis frecuencias e prazas. Todo iso despois de que Caballero enviase un audio aos medios de comunicación asegurando que solicitou a Fernández Heredia que suprimise certas paradas que na actualidade realiza o AVE entre Vigo e Madrid ao seu paso por Castela e León para así reducir os tempos de viaxe.

Nas súas palabras, o rexedor celebraba a “boa acollida” e a postura “receptiva” do presidente de Renfe. Con todo, agora a compañía asegura que “non se expón” quitar paradas. Na actualidade, o traxecto entre Vigo e Madrid rolda as 4 horas no mellor dos casos, mentres que na maioría das opcións supera esta franxa. O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou hai case un ano que en setembro de 2024 a viaxe duraría 3 horas e 35 minutos grazas aos novos trens Avril. Con todo, a día de hoxe os tempos continúan moi por encima desa franxa.

CRÍTICAS DE MAÑUECO

O presidente da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, ve “intolerable” queCaballero pedise ao presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, que se supriman certas paradas que na actualidade realiza o AVE entre Vigo e Madrid ao seu paso poro Castela e León para así reducir os tempos de viaxe, motivo polo que pediu ao rexedor que “rectifique”.

“O alcalde de Vigo pode defender a súa cidade sen atacar a unha Comunidade veciña e irmá“, reprochou o líder autonómico nunha mensaxe publicada nunha rede social, da que se fai eco Europa Press.

 

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...