InicioEconomíaVigo, capital da comunidade Women in Retail con críticas a un sector...

Vigo, capital da comunidade Women in Retail con críticas a un sector “dominado pero non liderado por mulleres”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Women in Retail (WiR), unha comunidade de máis de 300 mulleres profesionais da industria do ‘retail’ (comercialización de produtos e servizos a grandes cantidades de clientes) deuse a coñecer este luns cunha xornada en Vigo, co fin de pór en valor e visibilizar un sector estratéxico na economía española e galega, “dominado pero non liderado por mulleres”.

Así, o Real Club Náutico da cidade olívica acolleu un encontro no que a presidenta de WiR, Cristina Delgado, explicou que esta comunidade pretende visibilizar un sector no que as mulleres son maioría, aínda que iso non se reflicta nos postos de dirección, e levar a cabo acciones “transformadoras” para “impactar en positivo” nesta industria. “O talento e a experiencia das mulleres xa está dentro desta industria, o único que fai falta é visibilizarlo para que o mercado nos ‘mapee’ para que saiba onde estamos”, sinalou.

Cristina Delgado apuntou tamén á importancia da substitución xeracional no mundo do ‘retail’ para atraer talento novo, e dando a coñecer que esta “é a industria máis aberta do mundo”, máis “transversal” e con posibilidades de promoción interna e crecemento profesional.

Pola súa banda, a coordinadora de WiR en Galicia, Angélica Falagán, trasladou que a situación do sector en Galicia  reflicte a mesma fotografa que a nivel estatal, pero expresou a súa confianza en que mellore grazas a iniciativas como o encontro deste luns.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...