InicioSociedadeO novo PXOM estará aprobado nun mes, tras recibir o último informe...

O novo PXOM estará aprobado nun mes, tras recibir o último informe favorable

Abel Caballero critica que a Xunta non pague a reforma de Clara Campoamor e o PP lémbralle que a Diputaciión financia máis do 80 %.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o Concello xa recibiu o último informe que faltaba para aprobar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, o da Dirección de Costas do Estado, e que é “absolutamente favorable”. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor celebrou esta “boísima noticia” e avanzou que “dentro dun mes, aproximadamente” o novo Plan Xeral estará aprobado, e destacou que ten “todos os informes preceptivos favorables”.

Nas próximas semanas, explicou, o equipo redactor preparará o documento definitivo, incorporando todo o que aparece nos informes. “Dentro dun mes aprobarase a PXOM mellor que tivo nunca Vigo en toda a súa historia. Un plan para facer vivendas alcanzables, para vivendas a prezo taxado, para zonas verdes, para ámbitos dotacionais, pavillóns deportivos, espazos culturais,… todo o que sempre quixemos”, proclamou.

HUMANIZACIÓN DE CLARA CAMPOAMOR

Por outra banda, Caballero tamén informou da aprobación en Xunta de Goberno do proxecto de humanización da Avenida Clara Campoamor, entre a rúa Ramiro Pascual e o hospital Álvaro Cunqueiro, cun investimento de 1,23 millóns de euros. As obras comezarán a finais de verán e durarán uns 5 meses e o alcalde destacou que se renovará a calzada, faranse beirarrúas e cambiaranse as redes de servizos, saneamento e abastecemento, ou a iluminación. “Unha obra magnífica que tería que facer a Xunta. Na Coruña, exactamente o mesmo, os accesos aos hospitais, fainos a Xunta, e aquí teno que facer o Concello”, queixouse o rexedor.

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e concelleira do PP en Vigo, Luisa Sánchez, respondeu ás críticas do alcalde lembrando que esa obra está financiada en máis do 80 % pola institución provincial. En declaracións remitidas aos medios, Luisa Sánchez, sinalou que a “ocultación” dos investimentos da Deputación en Vigo é habitual por parte de Abel Caballero, mentres que, cando a presidenta provincial era a socialista Carmela Silva, pregoábaas. “Pero o seu sectarismo político pódelle tanto que agora foi máis aló. Ataca ao PP pola reforma da Avenida Clara Campoamor… pero se a Deputación de Pontevedra financia o 86 %! Se eu mesma como vicepresidenta dei o visto e prace a esa actuación!”, proclamou Sánchez, que criticou que “cando se trata de enganar á cidade e aos medios, o alcalde é capaz de superarse a si mesmo”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...