InicioVigo e contornaVigoA Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O colectivo promotor da iniciativa fai unha chamada a todo o tecido asociativo para convidalos á primeira asemblea aberta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro. O primeiro acto será unha asemblea aberta para a cal convidan a todo o tecido asociativo da cidade de Vigo a participar. Será ás 12 horas no local situado no número 6 da rúa Pizarro. Buscan a participación de persoas e organizacións á marxe das institucións para arrincar o proxecto de xeito colectivo.

Este novo espazo inicia a súa andaina logo de que o colectivo que está detrás botase un ano na procura dun lugar onde asentarse. O espazo nace coa vontade de transformar a actual política “de redución das posibilidades materiais” para o mundo da cultura e o activismo. En total, serán máis de 200 metros cadrados para reunir á veciñanza e os diferentes colectivos que forman o substrato asociativo e cultural vigués.

A asemblea porá en común como é proxecto, as súas metas para animar ás persoas asistentes a participar da idea e de unirse a ela se o desexan.

Un espazo autoxestionado á marxe da filosofía de mercado

A Nubeira insisten no “extraordinario” que foi abrir o seu espazo con 66 persoas e organizacións, sobre todo, por chegar a materializar o espazo autoxestionado no centro de Vigo. Con esta iniciativa súmanse “ás súas compañeiras” da Revolta e O Faísca.

O CS A Nubeira será sostido no futuro coas achegas voluntarias de todas as persoas das capas sociais da cidade que participen dalgún xeito ou outro. Na súa presentación sinala que “estamos á marxe da lóxica do mercado. Ninguén aquí vén gañar diñeiro”, insistindo na idea de ter un espazo para a veciñanza e as participantes do tecido asociativo da cidade.

ÚLTIMAS

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...