InicioPolíticaA Xunta insiste na liberación da peaxe da AP-9 entre Vigo e...

A Xunta insiste na liberación da peaxe da AP-9 entre Vigo e O Porriño e pide “alternativas” ao trazado da A-52

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, insistiu este mércores na necesidade de liberar a peaxe da AP-9 no tramo entre Vigo e O Porriño e pediu “alternativas” para o trazado da ampliación da A-52 ata a cidade olívica.

Así o sinalou ante os medios de comunicación tras ser preguntada pola situación actual desta vía, indicando que o Goberno galego sempre reclamou máis seguridade para a A-55 e defendeu a ampliación da autovía.

Con todo, pediu “escoita activa” a todas as administracións implicadas, como os concellos de Vigo, Mos e O Porriño, destacando a posibilidade de buscar “alternativas adicionais” ao actual trazado planificado, “que parece que non consegue a conformidade” de todos os veciños.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...