InicioSociedadeO BNG de Vigo alerta do "avance descontrolado" dos pisos turísticos e...

O BNG de Vigo alerta do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pide inspeccións e unha ordenanza municipal que os limite

"Mentres os alugueres sexan imposibles, nin un piso turístico máis", defendeu o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo alertou do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pediu ao goberno local que “actúe dunha vez” para frear esta “ameaza especulativa” e que desenvolva inspeccións e unha ordenanza municipal para regulalos. Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que a “falta de actuación” por parte do Concello supuxo un incremento das vivendas de uso turístico, o cal á súa vez incide “de maneira directa” na alza dos prezos do aluguer na cidade.

Igrexas criticou que o goberno local de Abel Caballero “non fixese nada durante os últimos anos”, pedindo que “deixe de mirar para outro lado” e estableza medidas para “frear en seco esta ameaza”. Así, reclama que o Concello leve a cabo inspeccións para determinar se todas as vivendas de uso turístico operan respectando a legalidade. Tamén pediu unha ordenanza municipal para limitalos. “Mentres os alugueres sexan imposibles, nin un piso turístico máis”, defendeu Igrexas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...