InicioSociedadeO Concello, condenado a pagar máis de 1,5 millóns á promotora do...

O Concello, condenado a pagar máis de 1,5 millóns á promotora do concerto de Guns N’ Roses

O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o patrocinio do concerto, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Vigo condenou ao Concello de Vigo a pagar á empresa Sweet Nocturna, promotora do concerto de Guns N’ Roses, máis de 1,5 millóns de euros polo patrocinio errado do evento, celebrado no estadio municipal Abanca Balaídos o 12 de xuño de 2023. O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o devandito patrocinio, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto. Pola súa banda, a empresa xustificou que, antes de que se pechase ese procedemento, xa había un “acordo recíproco” para a celebración do concerto e “actos preparatorios” anteriores á formalización do contrato.

Cando o Concello declarou deserto o concurso, a empresa reclamou ser compensada, pero a Xunta de Goberno desestimou as súas pretensións. A partir de aí, recorreu aos tribunais, e agora o Xulgado declarou que os acordos da Xunta de Goberno rexeitando as reclamacións de Sweet Nocturna son desconformes a Dereito. No seu fallo, condena ao Concello a abonarlle o prezo ofertado no procedemento de licitación, 1.563.000 millóns de euros, máis o IVE e os intereses correspondentes.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...