InicioSucesosPintadas no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive

Pintadas no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive

Terían "relación directa" coa súa defensa da ampliación da A-52.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, condenaron as pintadas aparecidas esta madrugada no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive, Patricia Otero. En concreto, o vehículo de Otero foi vandalizado cunha diana vermella cun punto no medio entre a porta do condutor e a traseira, polo que a Policía investigará o tema “ata as últimas consecuencias”.

Segundo Losada, trátase dun acto de violencia “despreciable e intolerable”, que ten “relación directa” coa súa defensa da ampliación da A-52. Por iso, fixo unha “chamada á responsabilidade” daqueles que convocan mobilizacións e aqueles que asisten ás mesmas en protesta desta autovía, pedindo que se respecten os distintos puntos de vista.

Losada aproveitou o audio difundido aos medios de comunicación para volver defender a importancia desta vía, “que debería estar feita desde hai máis de 20 anos”. Na mesma liña falou Abel Caballero, quen condenou ” totalmente” este “feito violento” no coche dunha alcaldesa “elixida democraticamente”. “É intolerable nesta cidade e neste país un acto así, contra calquera persoa e máis contra unha alcaldesa democraticamente elixida e unha gran persoa”, lamentou.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...