InicioPolíticaO BNG critica a "xordeira autoritaria" de Caballero e pide que se...

O BNG critica a “xordeira autoritaria” de Caballero e pide que se escoite a veciños afectados pola nova autovía

Os nacionalistas mostraron o seu rexeitamento aos trazados previstos para estas dúas infraestruturas, xa que supoñen "importantes afectacións en parroquias rurais da cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou a “xordeira autoritaria” do goberno local de Abel Caballero e do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e pediu que se escoite aos veciños afectados pola ampliación da autovía A-52 e polo proxecto de viario PO-010. Nun comunicado, os nacionalistas mostraron o seu rexeitamento aos trazados previstos para estas dúas infraestruturas, xa que supoñen “importantes afectacións en parroquias rurais da cidade”, polo que defenderon que se estuden “outras alternativas máis eficientes, sustentables e con menor impacto”.

“É indefendible que se pretenda impor un trazado sen o máis mínimo diálogo e sen abordar en serio outras posibilidades”, lamentou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión coa plataforma Bembrive en Pé. Igrexas avanzou que levará a cabo máis encontros con colectivos veciñais afectados ante a “xordeira autoritaria” do Concello e do Ministerio, “tratando de impor un percorrido para a nova autovía con graves impactos ambientais e sociais no rural vigués”. “Non podemos seguir tratando parroquias como Bembrive ou Beade como páramos que encher de asfalto ou cemento”, criticou o nacionalista, que pediu corrixir o trazado e liberar a peaxe da AP-9 no tramo que vai en paralelo á actual autovía.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...