InicioEconomíaDecenas de persoas piden en Vigo un marco galego do sector da...

Decenas de persoas piden en Vigo un marco galego do sector da construción para “negociar aquí e non en Madrid”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas, convocadas pola CIG, concentráronse na mañá deste mércores en Vigo para reclamar un marco negociador galego para a construción que posibilite mellorar as condicións do sector e que sexan discutidas en Galicia “e non en Madrid”.

Ante a sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, traballadores da construción reivindicaron que o recente cambio lexislativo aprobado no Congreso dá prioridade aos convenios autonómicos fronte aos estatais. Isto, a xuízo do secretario nacional da Federación de Construción e Madeira da CIG, Plácido Valencia Rodríguez, permitirá negociar convenios provinciais baixo o paraugas do autonómico e non do estatal, debido a que nos últimos anos os “avances” que se expuñan nas provincias eran “botados abaixo en Madrid”.

“O obxectivo é pactar un convenio ou acordo a nivel galego que permita blindar as melloras contempladas nos convenios provinciais fronte ao estatal e desta maneira poder evitar o ocorrido co convenio de Pontevedra, que foi impugnado pola patronal porque contemplaba mellores condicións respecto ao estatal”, subliñou a CIG.

ÚLTIMAS

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...