InicioSociedadeSOS Sanidade Pública pide "reconstruír" a área Sanitaria de Vigo cunha manifestación...

SOS Sanidade Pública pide “reconstruír” a área Sanitaria de Vigo cunha manifestación este xoves

Critica a privatización do hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Álvaro Cunqueiro e defender as medidas necesarias para “reconstruír” a área Sanitaria e dotala dos recursos necesarios para conseguir unha asistencia 100% pública e de calidade.

Ademias, subliñou a necesidade de que a cidadanía exprese o seu “descontento” ante a situación actual, con “estruturas que non se construíron” a pesar de que si estaban previstas. “Non defendemos nada que sexa imposible. Son cousas que estaban previstas facer e que, por decisión política, non se fixeron“, reivindicou González Moreira, referíndose, por exemplo, a dotacións do Cunqueiro que non se construíron ou ao centro de saúde de Aldán, en Moaña, entre outras.

“Queremos recuperar o control público do Cunqueiro (…). É moi importante recuperar a xestión pública do hospital e ampliar as súas estruturas, que non se construíron. No momento da licitación, o proxecto construtivo inicial era un e o que se construíu, outro”, criticou. El insistiu no sobrecusto de máis de 470 millóns do hospital e no aumento “do negocio da sanidade privada”. Así, tamén pediu ampliar os servizos que ofrece a sanidade pública en Vigo, como dotala dunha unidade de queimados, que na actualidade está en Povisa.

Ademais, criticou a situación na que se atopan a Atención Primaria e as consultas de pediatría e as listas de espera para determinados tratamentos e operacións. A pesar de recoñecer que hai certos aspectos do sistema sanitario que funcionan “moi ben”, como a resolución de problemas graves e oncolóxicos, lamentou que outros, como unha operación de cadeira, poden tardar ata 3 anos, “condicionando a calidade de vida” da poboación nos seus últimos anos. Por todo iso, animou a todos os cidadáns a participar na manifestación deste xoves en Vigo para solicitar cambios na sanidade pública e mellorar a situación actual.

orar a situación actual.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...