InicioEconomíaAprobado o plan estratéxico do 'Campus Crea' da UVigo para o período...

Aprobado o plan estratéxico do ‘Campus Crea’ da UVigo para o período 2024-2027

Están implicadas catro facultades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo aprobou este xoves o plan estratégido do proxecto de especialización ‘Campus Crea‘ para o período 2024-2027, no que se recollen as liñas de actuación e obxectivos deste proxecto, así como os seus eixos de especialización.

Así, nesta sesión do Consello, presidida polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, deuse luz verde a un documento (que ten que ser referendado polo Consello de Goberno da institución académica) que permitirá avanzar no proceso de especialización do campus, pondo o foco nas titulacións máis relacionadas coa creatividade.

Deste xeito, defínense catro liñas de especialización: creatividade e arte, creatividade e comunicación, creatividade e deseño, e creatividade e sociedade, centrada esta última na educación, como elemento transversal. ‘Campus Crea’ vincula catro facultades, 17 títulos de grao, máster e doutoramento, máis dun centenar de docentes e unha ducia de grupos de investigación.

Con respecto ao plan de acción, defínense tamén catro liñas de actuación para dar resposta a tres retos prioritarios: ser elemento aglutinador de actividades de docencia, investigación, transferencia e divulgación; potenciar a colaboración entre grupos de investigación e co tecido produtivo; e situar márcaa ‘Campus Crea’ no ámbito social, económico e empresarial.

INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN

Por outra banda, o reitor da UVigo confirmou que comezarán os traballos para a creación dun instituto de investigación no campus de Pontevedra, enfocado en temas relacionados co deporte, a educación e áreas afíns. Este proceso estará dirixido polo Vicerreitorado de Investigación, Transferencia e Innovación, e iniciarase o traballo cos diferentes grupos que poderán adherirse a este instituto, pondo en marcha un proceso participativo para definir as futuras liñas de traballo.

Unha vez definidas esas liñas, elaborarase a normativa antes de aprobar a súa creación nos órganos de goberno da UVigo. Con todo, previamente é necesario definir “unha comunidade de intereses en canto ás liñas de investigación”, segundo matizou o reitor. Finalmente, o reitor referiuse, entre outros asuntos, aos “excelentes” datos de matrícula no Campus de Pontevedra, cunha taxa de ocupación do 107 % nas prazas de novo ingreso.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...