InicioPolíticaAbel Caballero saca peito do feito no ano 2024, "o mellor ano...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”, e felicitou por iso ao conxunto da cidadanía. Así, o rexedor olívico destacou o “avance” de Vigo en diferentes áreas como a economía, o emprego, a política social e as infraestruturas, un “mérito” que Caballero atribúe a “toda a cidade”.

Nunha intervención difundida aos medios na que fai balance do ano que está a piques de terminar, o alcalde reivindicou investimentos como a bancada de Gol de Balaídos, que comezará en xaneiro, ou a remodelación da avenida de Madrid, prevista para marzo.

Do mesmo xeito, destacou o proxecto das ramplas mecánicas desde Praza América a Praza España, o Vigo Vertical, as ramplas do Paseo de Granada ou a estrea do ascensor HALO, así como outros proxectos como a piscina de Teis, entre outros. Ademais, para 2025 avanzou que será o ano do Plan Xeral de Ordenación, “a PXOM da vivenda libre de especulación e con algún tipo de protección”.

Tras mencionar outros proxectos levados a cabo en 2024, Caballero concluíu satisfeito de facer “todo isto con débeda cero, a presión fiscal máis baixa das cidades de Galicia, co pago a provedores de 8 días e 18 orzamentos aprobados en tempo e forma”.

O PP VE “TENDENCIA Á BAIXA” DE CABALLERO

Pola súa banda, o grupo municipal do PP de Vigo valorou este 2024 como o ano que confirmou “a tendencia á baixa” dun Abel Caballero que, na súa opinión, “desínflase aos poucos”. “Se 2023 supuxo un punto de inflexión coa perda de apoios nas eleccións municipais, 2024 confirmou esa tendencia á baixa dun Caballero que se desinfla aos poucos, e ao que cada vez os vigueses aguantan menos”, resumiu este sábado o portavoz do PP no Concello de Vigo, Miguel M

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...