InicioEconomíaUGT reclama que os terreos de Vulcano sigan con uso industrial

UGT reclama que os terreos de Vulcano sigan con uso industrial

"Desde UGT consideramos imprescidible que se achegue seguridade e certidumbre para poder reflotar unhas instalacións que levaban moitos anos paradas e sen investimentos", sinalaron nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato UGT trasladou ao Porto de Vigo a súa preocupación pola situación dos terreos onde se asenta Estaleiros San Enrique, a antiga Vulcano, e pediu que se manteña o seu uso industrial.

Así, o sindicato mantén que eses terreos portuarios, dos que fai uso o estaleiro en réxime de concesión, deben permitir a continuidade da produción industrial, e non destinarse a espazo de almacenamento de colectores.

“Desde UGT consideramos imprescidible que se achegue seguridade e certidumbre para poder reflotar unhas instalacións que levaban moitos anos paradas e sen investimentos”, sinalaron nun comunicado.

No entanto, recoñecen que os responsables de San Enrique “teñen a obrigación de cumprir os compromisos adquiridos no proceso de adjudicaicón da concesión portuaria, e os prazos establecidos.

UGT sinalou que seguirá “de preto” este proceso, reclamando ao estaleiro que cumpra as esixencias establecidas na concesión, e mantendo reunións períodicas co presidente do Porto, Carlos Botana, para facer un seguimento da situación.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...