InicioVigo e contornaVigoO PP vigués acusa a Caballero de "opacidade" por "denegar o acceso"...

O PP vigués acusa a Caballero de “opacidade” por “denegar o acceso” ao estudo sobre o futuro bus urbano

O portavoz 'popular', Miguel Martín, lamentou que o goberno municipal é "reincidente" na súa negativa a facilitar información, e lembrou que, hai un ano, tampouco permitiu o acceso ao expediente de reequilibrio económico da concesión de bus

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou este luns a “opacidade” do goberno de Abel Caballero por “denegar o acceso” ao estudo encargado para deseñar as bases do futuro servizo de bus urbano, e ao expediente aberto para revisar a tarifa de Vitrasa (actual concesionaria) para o ano 2025.

O portavoz ‘popular’, Miguel Martín, lamentou que o goberno municipal é “reincidente” na súa negativa a facilitar información, e lembrou que, hai un ano, tampouco permitiu o acceso ao expediente de reequilibrio económico da concesión de bus.

Segundo apuntou, o goberno local xa dispón do estudo sobre o bus urbano e, aínda que o PP pediu os datos hai días, obtivo unha negativa como resposta. Igualmente, denunciou que tampouco se permitiu coñecer a proposta de revisión de tarifas do bus urbano para o ano que vén, a pesar de que a empresa trasladou ao Concello os seus cálculas “fai máis dun mes”.

“Non nos queda outra que denunciar publicamente a reincidencia deste alcalde cando toca ser transparente co transporte público de Vigo. Un servizo que leva anos empeorando mentres el mantense como un mero observador“, resumiu Martín.

Tras insistir en que Vitrasa fai menos expedicións, reiterou que o alcalde actúa con “pasividade cómplice” fronte á deterioración do servizo, e reclamou que o novo estudo de mobilidade sirva para dar un “xiro de 180 graos” ao transporte público vigués.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...